Dúas Medallas para Uxía Pérez no Campionato Galego Xuvenil de pista.

12 02 2013

A nosa atleta Uxía Pérez Bugarín conseguiu ouro en 1.500m e prata en 800m no pasado Campionato Galego Xuvenil de pista cuberta celebrado en A Coruña.

O sábado en sesións de mañana e tarde celebrouse en A Coruña o Campionato Galego Xuvenil de pista cuberta onde o noso club só tiña unha participante, Uxía Pérez Bugarín que participaba en dúas probas.
Pola mañana tocaballe correr en 800 metros lisos ,que constaba de 5 voltas a unha pista de 160 metros, nas primeiras voltas a carreira estivo moi disputada entre as dúas grandes favoritas, Uxía e Ángela González, pero ao final impuxose a atleta do Comesaña sendo a nosa atleta 2ª e proclamándose subcampiona galega.
Pola tarde era o turno dos 1500 metros onde as prestacións de Uxía suben moito e onde volvía a verse as caras con Ángela. Despois dunha saída moi rápida formouse un grupo coas favoritas pero a medida que avanzaba a proba Uxía foi incrementando o ritmo e distanciándose da súa inmediata perseguidora para ao final acadar unha cómada vitoria,cun crono  de 4.49 02. Proclamándose campiona galega desa disciplina
Bo resutado para a nosa única participnate que se veu de A Coruña con dúas medallas en sendas probas que participou.
Mencionar tamén a boa actuación doutra tudense que milita nas filas do S.A Val Miñor,  Eva Cid Guede que tamén conseguiu 2 medallas en 800metros(1º) e 1500(2ª) na categoria de junior,campionato que se celebraba ao mesmo tempo que o xuvenil.
Advertisements

Accións

Information

One response

15 02 2013
David Dagá " el comecocos"

Enhorabuena Uxia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: