Gran actuación no Campionato Galego Xuvenil de Campo a través

21 01 2013

Uxía Pérez Bugarín, Aida Martínez Barja e David Cruces Fernández foron os representantes do Club Atletismo Tui-Thermalia no Campionato Galego Xuvenil de Campo a través disputado en Santiago de Compostela

Nunha mañana desapacible e onde os protagonistas , aparte dos atletas, foron o frío, o vento e a  auga, disputouse o Campionato Galego Xuvenil de Campo a través en  Santiago de Compostela, onde o noso club tiña 3 participantes.

Nun circuito  durísimo e cheo de auga e barro as nosas atletas obtiveron unha moi boa actuación.
A 1ª en participar foi AIDA MARTINEZ BARJA en cadete onde despoís dunha carreira chea de pundonor acadou a 7ª posición , proba que foi dominada pola gran favorita IRIA RODRIGUEZ HUERTAS do Porriño.
Logo ,debutaba nun campionato galego o noso único representante masculino, DAVID CRUCES FERNÁNDEZ ,que aterido de frío foi capaz de vencer os elementos e entrar na 15º posición ,máis que aceptable tendo en conta o gran nivel da proba.
Par rematar  a nosa participación tocáballe o turno a UXÍA PÉREZ BUGARÍN, que partía entre as favoritas ao tríunfo  final. A carreira foi moi disputada na 1º volta pero a nosa atleta demostrou a súa fortaleza e empezou a subir o ritmo e  a distanciarse pouco a pouco das súas rivaís, aumentando a distancia sobre todo nas baixadas onde conseguiría escaparse e chegar a meta cunha cómoda ventaxa de 30 segundos sobre a súas  perseguidoras, as magníficas e bravas atletas do Comesaña Carmela Cardama(2ª ) e Ángela Fernández (3ª ).

Proclamandose Uxía campiona galega desta disciplina en categoria xuvenil.
Noraboa aos nosos participantes pola súa gran actuación tendo en conta o pésimo día e a dureza do circuito.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: