Boa actuación dos nosos atletas no Cross Internacional de Atapuerca

14 11 2012

Uxía Pérez Bugarín logra a plata na proba xuvenil nunha xornada na que tamén estiveron Aida Martínez e Rafael Pérez como representantes do Club Atletismo Tui-Thermalia.

Nunha mañá soleada, aínda que con un pouco de vento, celebrouse en Burgos o cross con maior prestixio do noso país, xa que acuden atletas de “primeirísimo” nivel. Basta decir que os atletas africanos dominaron de principio a fin tanto a categoría masculina coma a feminina na carreira Élite. Triunfos para o actual campión do Mundo Imane Menga en homes e para a etíope Ayalew Hiwot en mulleres.

Non faltou ninguén dos atletas galegos. Así estiveron entre outros, Alejandro Fernández (36º), Lolo Penas ( 51º) Carlos Villamor (66º,) Pedro Nimo (95º), Alessandra Aguilar (12ª), Esther Navarrete (31ª), Solange Pereira (49ª), Sandra Mosquera (60ª) ou a tudense Leticia Fernández (67ª) .

Os atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia participaron en distintas categorías acadando uns excelentes resultados.

Así a primeira en competir foi a nova nova “fichaxe”, AIDA MARTÍNEZ, cadete de primeiro ano que rematou no posto 15º entre 139 participantes. Faría un tempo de 7.28 nos 1947 metros dos que constou a proba.

O pódium estaba reservado para UXÍA PÉREZ na carreira de Xuvenís, realizando unha carreira moi valente de principio a fin. Na primeira volta parecía que ninguén quería coller responsabilidade e foi a propia Uxía quen, no paso por meta empezou a facer a selección das mellores cun forte cambio de ritmo. A loita final quedaba entre Uxía e a Campiona de España de pista Celia Antón que superou a nosa representante na liña de meta en 8 segundos.

A última carreira era para os populares absolutos onde contábamos ca presenza de RAFA PÉREZ, que finalizaba na 77ª posición cun tempo de 18.57..

O vindeiro fin de semana máis competición, destacando a CARREIRA POPULAR DE SAN MARTIÑO en OURENSE, con moitos atletas do noso club inscritos….

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: