Uxía Pérez subcampiona de España de 3000 m.

4 07 2012

Uxía Pérez Bugarín proclamouse subcampiona de España de 3.000 metros lisos ao ar libre nos Campionatos de España Cadete de pista celebrados en Castellón.

O pasado 1 de xullo celebrouse en Castellón o Campionato de España Cadete de pista ao ar libre onde participaba a nosa atleta Uxía Pérez Bugarín na modalidade de 3000 metros lisos. Na proba había un total de 15 atletas que tiñan a mínima para poder acudir a esta cita deportiva .

Na carreira pronto se fixo unha selección das mellores entre as que estaba Uxía que xa dende os primeiros metros situouse en cabeza xunto a  Judith Pérez, atleta catalana que acreditaba a mellor marca e gran favorita para levarse o triunfo.  A medida que pasaban as voltas as cousas se ian definindo e só Uxía foi capaz de aguantar o forte ritmo que impoñía a atleta catalana.

Ao final triunfo claro para a favotita e 2ª posición da atleta tudense que conseguía repetir a posición acadada no campionato de españa de pista cuberta e coseguía marca persoal na distancia con 10m 21s.

Moi boa actuación de Uxía que ve recompensado o seu gran traballo e esta magnífica temporada coa súa selección para a concentración nacional que se vai desenvolver do 19 ao 24 de xullo no centro de alto rendemento de Soria onde acudirá co seu adestrador persoal Daniel Mouriño ,tamén invitado a participar nesta concentrción.

Noraboa por estes éxitos que son de todos os que formamos o Club Atletismo Tui-Thermalia.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: