Presentación da 1ª Eurocidade 10, os 10km entre Tui e Valença

6 06 2012

Onte mércores foi presentada no Centro Interfederado de Tui a “1ª Eurocidade 10” unha carreira popular organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença e que o domingo 17 de xuño reunirá nesta Eurocidade a numerosos afeccionados ao atletismo de Galicia e o Norte de Portugal.

No decurso da presentación participaron o Presidente do Club de Atletismo Thermalia Tui, Rafael Pérez, os concelleiros de Tui e Valença, Nicolás Lorenzo e José Monte, xunto ao Presidente da Camara de Valença, Jorge Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

Os presentes informaron que esta carreira nace con vocación de continuidade estando previsto que nos anos pares a saída e chegada será en Tui e namentres que nos impares terá lugar en Valença.

O circuíto constará de 10 qm. nesta 1ª edición a saída será de Tui pasando pola Ponte Internacional, Valença do Minho e volvendo a Tui, nun percorrido que combina o patromonio histórico e natural. A saída darase o domingo 17 de xuño ás 11 a.m. dende a Corredoira de Tui, quedando a meta instalada no mesmo punto, o tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 30min.

Os participantes recibirán os dorsais e un chip, que controlará o tempo, e que serán entregados o día da proba a partir das 09:00h. ata as 10:30h, é dicir, 30 min. antes do comezo da mesma. para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o d.n.i. ou pasaporte. Ao finalizar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip nunha zona habilitada tras cruzar a liña de meta.

A inscrición está aberta ata o vindeiro 13 de xuño e se realiza exclusivamente on-line a través da páxina www.championchipnorte.com. E custa 4 euros por persoa.

Os organizadores agradecen a colaboración de diversas entidades públicas e privadas e confian en acadar os cincocentos participantes neste primeira edición da Eurocidade 10 o vindeiro domingo 17 de xuño.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

13 06 2012
Roberto

Hola, ¿está disponible en algún sitio el perfil o al menos el recorrido de la Eurocidade? No sé si llegaremos a los 500 pero ya somos 368… una pena que coincidan varias carreras el próximo domingo, nos vemos. Enhorabuena por la iniciativa y gracias por organizar el evento.

13 06 2012
Roberto

Ya lo he visto, pues sí que parece dura!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: