Campionato Galego Benxamín: un novo record galego para o Club Atletismo Tui-Thermalia

6 06 2012

O pasado sábado celebrouse en Ferrol o Campionato Galego Benxamín e Alevín e como non podía ser doutra forma alí estaban representantes do noso club, acadando esta vez un novo record galego en 500m.

As pistas da Malata de Ferrol acolleron o pasado fin de semana o Campionato Galego Benxamín e Alevín en Pista, con numerosa e exitosa presenza de atletas do Club Atletismo Tui- Thermalia.

Na categoría Benxamín Feminina foi onde se alcanzaron os mellores resultados con Lucía Portela Otero que cun tempo de 1.31.12 en 500 metros proclamouse campioa galega e estableceu a mellor marca galega de todos os tempos na categoría baixando nun segundo a anterior marca en mans de Iria Rodríguez Huertas do ano 2008. Lucía tamén foi participe en salto de lonxitude acadando a 2ª praza. Un gran éxito para esta xovencísima atleta tudense.

En 1.000 metros Elsa Pena Vicente cun tempo de 3.44.85 impúxose aos seus rivais e proclamouse tamén campioa galega.

Tamén destacaron as actuación das atletas no apartado alevín feminino con Cinthia Costas González, cuarta en 1.000 metros cun tempo de 3.40.79 e Inés Portela Otero, sétima con 3.50.53.

Para todas felicitación polos logros conseguidos para o noso club, situando o nome de Tui e do noso equipo no  máis alto do atletismo galego.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: