Uxía Pérez nova Campiona Galega de 1.000 metros en pista

21 05 2012

Uxía Pérez Bugarín segue colleitando éxitos esta temporada e este fin de semana proclamouse Campiona Galega Cadete en 1.000 metros en pista ao aire libre. Con esta vitoria asegura a  súa participación na proba de 1.000 metros representando a Galicia no Campionato de España de seleccións autonómicas  que se vai celebrar en Zaragoza o 2 e 3 de xuño.

Uxía Pérez Biugarín a atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia, a atleta que esta temporada esta colleitando os maiores éxitos para o club,  desprazouse este sábado ata A Coruña  para participar no Campionato Galego Cadete en pista ao aire libre que se celebrou nas pistas do Estadio da Universidade.

Partía como máxima favorita na proba de 1000 metros lisos xa que era a atleta que acreditaba a mellor marca de todas as inscritas. Xa dende a saída tomou a cabeza e só Laura Santos puido seguir o seu ritmo, quedando dende o principio estas dúas atletas na cabeza da proba.

Ao paso do 500, Uxía incrementou o ritmo e foise despegando da súa perseguidora incapaz de manter a velocidade da nosa atleta a medida que avanzaba a proba a súa ventaxa foi en aumento e xa ao final baixou un pouco o seu ritmo para entrar cunha cómoda ventaxa de 2 segundos.

Unha nova medalla para o Club Atletismo Tui-Thermalia conseguida por esta atleta. Felicidades Uxía.

Inmediatamente  tivo que acudir a chamada da saída do 600 metros sen tempo para recuperarse do esforzo anterior polo que a súa actuación nesta proba non estivo de acordo co seu potencial, quedando na 8ª posición.

Tamén hai que felicitar ao seu adestrador, Dani Mouriño,  que este ano está conseguindo con todos/as atletas magníficos resultados e unha das mellores temporadas para o noso club.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: