Campionato Galego de Milla en Ruta e 1.000 metros

15 05 2012

O pasado 6 de maio disputouse en Padrón o Campionato Galego de Milla en Ruta e o Campionato Galego de 1.000 metros no que o Club Atletismo Tui- Thermalia acadou varias medallas.

Un total de 7 atletas foron os representantes  do Club Atletismo Tui-Themalia  que estiveron presentes en Padrón nestes Campionatos Galegos de 1.000 metros e Milla (1.609metros) en todas as categorías dende prebenxamín ata veteráns, onde como case sempre os máis pequenos tiveron unha destacada actuación, demostrando unha vez máis o seu bo momento de forma.

As primeiras categorías que se vestiron de curto foron ás categorías de benxamín e alevín feminino na proba de 1.00 metros onde das catro participantes do Club todas foron capaces de subir ao caixón. Lucía Portela quedou en primeira posición, seguida de Elsa Pena copando así o medalleiro na categoría de benxamín. En alevín Inés Portela foi segunda seguida neste caso de Cinthia Costas en terceira posicición.

A continuación tocoulle o turno aos cadetes na distación da milla (1.609 metros). No apartado masculino o representante do Club foi Ahmed que na carreira máis rápida do día logrou unha novena posición. No apartado feminina a gran dominadora foi unha vez máis Uxía Pérez Bugarín, nunha proba que dende a saída formouse un grupo de tres atletas e no que Uxía foi distanciándose chegando á meta cun tempo de 5:25, marca que foi novo record galego da distancia.

Por último en categoría veterán estaba presente o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafa Pérez que cun tempo de 5:38 acadou unha  quinta posición.

En resumidas contas o Club Atletismo Tui-Thermalia, logrou en  Padrón 5 medallas e un  novo record galego  o que demostra  o gran traballo que se esta a facer durante esta temporada.

Resultados

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: