Uxía plata no Campionato de España Cadeta en 3.000m

19 03 2012

Uxía Pérez proclamouse subcampiona de España en 3.000m en pista cuberta no Campionato de España Cadete celebrado en Oviedo.

Espectacular, maxistral, … agótanse os calificativos para describir a actuación que este fin de semana en Oviedo, no Campionato de España Cadete, tivo Uxía Pérez a atleta do Club Atltetismo Tui-Thermalia que contra todo pronóstico proclamouse subcampiona de España na distancia de 3.000 m cunha mellor marca persoal de 10´23″15 a tan so 13 segundos da primeria clasificada a catalana Judit Pérez do ISS-L`Hospitalet  e seguida de Najwa Chouati do Avient Manresa.

Uxía que durante esta tempora esta demostrando a súa gran progresión levada a cabo da man do seu adestrador Daniel Mouriño, que esta a sacar un gran rendemento desta atleta, xa demostrou durante este inverno que en Galicia e a gran dominadora tanto en pista como no cross sendo campiona galega de croos e subcampiona en pista en diferentes distancias.

Noraboa Uxía, Noraboa Dani, Noraboa Club Atletismo Tui-Thermalia por este fin de semana de exitos nun club que voltou a camiñar ou mellor dito a correr fai pouco máis dunha temporada e que xa esta tendo grandes resultados a nivel nacional.

Tamén hai que destacar o resultado obtido neste Nacional á atleta do Comesaña Sporting Club á nigranense Ángela González Fernández que proclamouse subcampiona na distancia de 600m cun tempo de 1´39″12.

Uxía e Ángela dúas promesas que xa son presente no atletismo nacional.

 

 

Advertisements

Accións

Information

One response

19 03 2012
Alvaro Vazquez Gregores

NORABOA CAMPEONA!!!!!!
TOD@S ESTAMOS CONTENTÍSIMOS COA BOA NOVA.
SIGUE ASÍ.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: