Campionato Galego Escolar de Campo a través

29 02 2012

O pasado sábado disputouse en Portas o Campionato Galego de campo a través en idade escolar e o Club Atletismo Tui-Thermalia acudiu á cita con 3 atletas para acadar grandes resultados.

O Club Atletismo Tui-Thermalia estivo presente en Portas para disputar o Campionato Galego Escolar de campo a través nas distintas categorías posibles e con atletas que aspiraban a obter grandes resultados.

As probas comezaron ca categoría de cadetes feminino onde unha vez máis Uxía Pérez, que partía como a máxima favorita depóis de gañar o pasado mes de xaneiro este campionato no apartado de federados, fixo bos os pronósticos e acadou a primeira posición despois dunha saída mou rápida na que se destacaton tanto Uxía como Ánxela, pero o forte ritmo imposto pola nosa atleta non foi aguantado pola súa contrincante e a medida que pasaban os quilómetros a distancia ía en aumento, impoñéndose cunha clara ventaxa na liña de meta.

Con este triunfo Uxía certifica a súa hexemonía na categoría a nivel galego e foi selecciónada pola federación galega para disputar os vindeiros campionatos nacionais.

O segundo en competir foi Martín Vázquez que, nunha carreira moi disputada dende o principio logrou meterse no grupo de cabeza e aguantou os tiróns que se realizaron durante toda a proba, para chegar ao final nun reducido grupo de 3 atletas con opcións á victoria e no que ao final acadou unha terceira posición. Un Martín que durante esta temporada sempre se atopa nos postos de honra en todas as competicións que disputa.

Para rematar a nosa participación, tocáballe o turno a nosa debutante en carreiras de tan alto nivel, Cinthia Costas, que apenas leva con nós uns meses pero que foi capaz de meterse na final dun Campionato Galego, acadando na final a 17ª posición dun total de 80 atletas. Unha Cinthia que que cada día que pasa mellora a pasos axigantados o seu rendemento acadando bos resultados.

Noraboa a tod@s os nos@s atletas polos grandes resultados obtidos neste Campionato Galego Escolar e tamén felicitar ao noso adestrador Dani Mouriño polo gran traballo que está facendo ca canteira do atletismo tudense.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: