Gran actuación de Uxía Pérez no Campionato Galego de Pista Cuberta

16 02 2012

Uxía Pérez foi este domingo en A Coruña Subcampiona galega de pista cuberta en 600m. e descualificada inxustamente tras pasar primeira na liña de meta nos 1.000 m.

 

O pasado domingo 12 de febreiro disputouse en A Coruña o Campionato Galego de Pista Cuberta ca presenza de Uxía Pérez como representante do Club Atletismo Tui-Thermalia que competía nas probas de 600 e 1.000 metros. Unha Uxía que o día anterior proclamárase campioa provincial de cross e que é a actual campioa Galega de Cross.

Pola mañá a primeira proba disputada foron os 600 metros onde se proclamaría subcampioa galega, nunha carreira moi disputada ata o último metro onde despois de de levar o peso da carreira foi superada na liña de meta por Ánxela do Comesaña.

Pola tarde a cita eran os 1.000 metros proba na que Uxía é especialista e partía como a máxima favorita para acadar a vitoria. A carreira foi dominada por Uxía dende o principio collendo a corda e distanciándose das súas perseguidoras chegando á liña de meta claramente destacada con máis de 20 metros de distancia da segunda clasificada e cun magnifico tempo de 3:07`.

Unha vez rematada a proba anunciábase a inxusta descualificación de Uxía por “pisar unha liña” a indignación dentro do equipo foi maiúscula pola forma de comunicalo e pola actitude dos xuices que non atenderon ás reclamacións de Club Atletismo Tui-Thermalia.

Por iso para Club Atletismo Tui-Thermalia foi a primeria clasificada nos 1.000 metros e que viu todo o estadio pero non campiona galega por unha inxusta decisión que se tomou nas oficinas. Destacar que non foi a única descualificada senón que os casos foron múltiples o que indica que algo fallou nesta organización do Campionato Galego. Como desagravio o presidente da federación galega de atletismo Isidoro Hornillos, entregoulle unha medalla de ouro como recoñecemento da federación da súa magnífica carreira e vencedora moral da proba.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: