O Club Atletismo Tui-Thermalia destacado no Provincial de Cross

15 02 2012

Gran actuación dos atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia no Campionato Provincial de Cross celebrado en Baiona.

 

Nun día soleado e frío e nun circuíto rápido e moi vistoso os nosos atletas acadaron uns espléndidos resultados sendo un dos equipos máis destacados en todas as categorías neste Campionato Provincial de Cross.

As probas empezaron con benxamín feminino onde o noso equipo quedou Campión Provincial cun equipo formado por Lucía 1ª clasificada, Elsa 5ª, Ana 8ª e Pilar 33ª

En alevín feminino con tres atletas na liña de saída a nosa mellor clasificada foi Cinthia 7ª que lle da acceso ao Campionato Galego seguida de Lorena 26ª e Inés 39ª.

O alevín masculino estaba representado por Martín que fixo unha gran carreira e venceu entrando en solitario na liña de meta.

Para rematar a nosa participación entraron en competición os cadetes acadando un novo triunfo no apartado feminino con Uxía que demostrou que non ten rival na categoría acadando a primeira posición. No apartado masculino Bryan acadou un 13º posto.

Un sábado de grandes resultado para os atletas do noso club con 3 primeiros postos e con 3 atletas clasificados para o Campionato Galego de Campo a través a celebrar o vindeiro 25 de febreiro en Portas, e sendo o Club Atletismo Tui-Thermalia a gran sorpresa do Campionato Provincial de Cross.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: