XI MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

13 12 2011

O pasado domingo 11 de decembro celebrouse no Parque de Castrelos – Vigo -, o XI Memorial Andrés Abanqueiro organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo e no que estiveron presentes atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia para as categoría de pitufos ata cadetes.

Un total de 16 atletas foron os que representaron ao noso club nesta proba acadando bos resultados en todas as categorías posibles, aínda que para moitos dos alí presentes era a súa primeira carreira.

Na categoría infantil feminino estiveron representando ao noso club Aldara que acadou o 26º posto e Susi o 32º. No apartado cadete feminino Uxía voltou a ser a gran domiñadora da categoría e voltou a acadar unha nova victoria e en homes Ahmed acadou o 10º posto.

En alevín masculino Martín quedouse ás portas da victoria conseguindo un meritorio 2º posto seguido por Pablo 42º e Carlos 51º como representantes do club, e en féminas Inés fixo un 7º posto e Cinthia foi 13ª.

Na categoría benxamín Iago quedou no posto 21 e Lucía 1ª, acadou a segunda victoria do día para o club, seguida de Pilar 15ª.

E para finalizar a mañá en Castrelos, restaban os máis pequenos con Telmo en prebenxamín acadando un 7º posto e Sara que sufriu unha caída e tivo q abandonar e as pitufas Julia e Candela.

A tod@s noraboa por representar tan ben ao Club Atletismo Tui-Thermalia e a seguir disfrutando deste deporte.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: