Decembro un mes cargado de carreiras para despedir o ano

6 12 2011

Durante este mes de decembro o calendario popular ven cargado de carreiras para todos os gustos e para todas as distancias, curta distancia, media distacia e longa e incluso algún trail, e en todas elas estará presente o Club Atletismo Tui-Thermalia.

Decembro o mes do Nadal e este ano, tamén o mes do atletismo popular, xa que o calendario popular galego ven cargado de probas para todos os gustos dende probas de curta distancia ata media maratón pasando por probas de 10.000m., 8.000m. ou incluso un trail.
Á xa disputada carreira pedestre de Cangas do pasado 4 de decembro, hai que engadir para este mes, a Popular ExpOurense de 6.000m o vindeiro venres 8 de decembro en Ourense, a popular e tradicional Subida ao Castro con 2.090m de auténtico esforzo o 11 de decembro en Vigo dende o Real Club Naútico que coincide en data ca primeira proba do circuito Galicia Máxixa Traid Adventure que da inicio en Moaña co Trail Río da Fraga con 17,5km en contacto permanente ca natureza.
Para o día 18 de decembro o calendario xa non da máis de si con catro probas ao longo de toda Galicia, a Carreira do Pavo en Vigo cun percorrido de 8.263m, a Carreira Pedestre do Nadal de San Cibrao da Viñas en Ourense con percorrido de 8.500m, a media maraton Volta a ría- Memorial Adolfo Ros en Ferrol e a Popular de Lugo ao longo da Muralla da cidade para facer un total de 10.000m. E xa para despedir o ano as numerosas San Silvestres que se disputarán ao longo das vilas de Galicia.

E durante este mes o Club Atletismo Tui-Thermalia estará presentes en todos os rincóns de Galicia con algún dos seus atletas e para todos eles moita sorte.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: