33 Memorial Belarmino Alonso

21 11 2011

O domingo 27 de novembro dispútase en San Andrés de Comesaña a 33 edición do Memorial Belarmino Alonso, e o Club Atletismo Tui-Thermalia estará presente na liña de saída.

 

O Club Atletismo Tui-Thermalia estará presente este domingo na liña de saída da 33 edición do Memorial Belarmino Alonso, unha proba de campo a través que naceu no ano 1.977  en homenaxe a Belarmino Alonso directivo do Club Comesaña, club organizador da proba, falecido no ano 1.978.

Esta proba incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo terá situada a súa liña de saída en “Molinos” a carón do campo de futbol “A Xunqueira” en San Andrés de Comesaña e poderán participar atletas de todas as categorías dende júnior ata sénior, sendo a saída para a categoría absoluta masculina ás 11.15 horas para un percorrido de 9.500 m. dando 5 voltas ao circuito marcado.

Seguramente a 33 edición do Memorial Belarmino Alonso voltará a ser unha festa do atletismo de campo a través e o noso club será partícipe da mesma.

Moita sorte a todos e especialmete aos atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia.

Maís información deste proba en aquí.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: