O Club Atletismo Tui-Thermalia presente no VIII Cross Internacional de Atapuerca

14 11 2011

Uxía Pérez Bugarín e Rafael Pérez Rego, estiveron este domingo representando ao Club Atletismo Tui-Thermalia, na VIII edición do Cross Internacional de Atapuerca, o mellor cross a nivel internacional.

 

Este domingo 13 de novembro disputouse no Circuito Permanente do Parque Arquolóxico o VIII edición do Cross Internacional de Atapuerca, o cross máis importante e prestixioso a nivel internacional, e alí estivo o Club Atletismo Tui-Thermalia, representado magnificamente por Uxía Pérez Bugarín e Rafael Pérez Rego.

Uxía Pérez que dende esta temporada corre polo club Atletismo Tui-Thermalia acadóu a máis que sobresaínte 6ª praza na categoría Cadete Feminina cun tempo de 7`04“para unha distancia de 1947m., sendo ademáis a 2ª atleta galega mellor clasificada  de toda a representación galega  despois da excepcional 1ª praza de Iria Rodríguez Huertas na categoría de Infantil Feminino representando ao Club Atletismo Porriño.

Rafael Pérez Rego que competiu na categoría de Veteranos acadou o posto 104 cun tempo de 15`23“para unha distancia de 3900m., logrando así un magnifico resultado nunha proba que sobresaíu pola calidade dos atletas.

Nas categorías absolutas os vencedores da VIII edición do Cross de Atapuerca, foron o campeón do mundo de cross o etíope Imane Merga en categoría masculina e a subcampeona mundial, a keniata Linet Masai en categoría feminina.

Resultados de todas as categoría aquí.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: