XXXIV Carreira Pedestre Popular de Santiago

28 10 2011

Este domingo 30 de outubro, terá lugar en Santiago de Compostela a XXXIV edición da Carreira Pedestre e na que estarán presentes máis de 3.500 atletas na categoría absoluta e na que haberá representción do club Atletismo Tui-Thermalia.

Este domingo a partir das 10 horas dárase a saída a unha das probas máis importantes e numerosa do circuito galego, a Carreira Popular Pedestre de Santiago, na súa 34ª edición. Serán 12.000 m. os que deberán percorrer os máis de 3.500 atletas inscritos que sairán dende a Avda. de Xoán XXIII percorrendo as rúas empedradas de Santiago de Compostela para chegar á emblemática Praza do Obradoiro.

E como non podía ser doutro xeito tamén haberá unha ampla representación do club Atletismo Tui-Thermalia percorrendo as rúas da capital galega, e entre eles un gran abano de favoritos entre os que destacan Hassan Lekhili, gran dominador do circuito galego, e Pedro Nimo acompañados por Lolo Penas, Gustavo Platas, Elías Domínguez e Robertas Geralavicius. Na categoría feminina destaca o duelo portugués entre Solange Andreia Pereira, gañadora da carreira Vigo+11 o pasado 16 de outubro, e Patricia Mendes, sen olvidar as galegas Marisol Castro e Esther Pedrosa.

A todos eles moita sorte e que desfruten desta festa do atletismo galego.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: