Vig-Bay: 3 dos nosos atletas entre os 210 primeiros

11 04 2011

¡¡¡Que bonita carreira!!! ¡¡¡Mellorei a miña marca!!! Eran as principais frases que se escoitaban entre os atletas do Club Atletismo Tui–Thermalia unha vez rematada a XII Edición da Media Maratón Vigo-Bayona.

 

A verdade era que o día se presentaba espléndido na liña de saída ubicada no paseo de Samil, boa temperatura, sen vento… todo presaxiaba o que despois se confirmaría, que a maioría cumpriría os seus obxetivos.

Espectacular a estampa no pistoletazo de inicio con máis de 4.100 atletas, e alí os 16 valentes do club dispostos a percorrer os 21 kms, 97 metros ata Baiona. E todos, absolutamente todos o logramos, demostrando que se fixera un bo traballo de adestramento nos derradeiros meses. Os mellores baixaron de 1.25.00 o que lles vai permitir o vindeiro ano sair no grupo dos “TOP”.

Os máis destacados foron por este orde: Justi Peixoto, 146º con 1.21.20, José Macabeos 188º con 1.22.27 e Sito González 207º con 1.23.32

Pero as felicitacións non son só para eles senón para cada un dos que estiveron representando moi dignamente ao club.

Polo que se refire a carreira en si, xa sabedes, repetiron victoria os mesmos do 2010: Hassan Leikilhi en homes e Doroteia Peixota en mulleres.

Parabéns á organización, aos atletas e ao público. O ano que ven ¡¡¡VOLTAREMOS!!!

Resultados e fotos

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: