Campionato Provincial Escolar de Duatlón

11 04 2011

Todos os atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia colleitaron medallas.

Excelente, espectacular, grandiosa a actuación dos “peques” na Campionato Provincial Escolar de Duatlon celebrado este domingo no Porriño. Eran 8 os nenos que participaban representando ao Club Atletismo Tui – Thermalia, e os oito subiron ao podio.

Así na categoría Benxamín Feminina Inés Portela era 2ª, e Lorena Castro 3ª. Mentres o equipo Alevín Feminino, composto por Aldara Rodríguez, e as irmáns Iria e Lara Álvarez obtiñan o título por equipos.

Na categoría Infantil Feminina Julia Portela lograba a medalla de prata. Na mesma categoría pero masculina, Bryan Filgueiras era 2º e David Cruces 3º.

Destacar a excelente organizacón levada a cabo polo Club Atletismo Porriño en colaboración coa Federación Galega de Triatlón e o Servizo de Deportes. Nesta competición estaban os atletas que participaron no duatlon escolar celebrado hai escasas datas en Salceda de Caselas.

Lembrar que TODOS os nosos acudirán ó Campionato Galego que se vai celebrar o vindeiro 30 de Abril en Portonovo. ¡¡¡ Sorte!!!

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: