O Club Atletismo Tui-Thermalia sumouse á festa do Cross Escolar

5 04 2011

Este Domingo, a cita era para os máis pequenos, e tamén para os seus pais, no XVII Cross Escolar Agrupación Deportiva Castro San Miguel, que tiña lugar no parque vigués de Castrelos.

 

Máis dun millar de nenos e nenas estiveron presentes nas distintas carreiras que se celebraban dende as 10.00 da mañá.

Os rapaces do noso club non podían fallar e alí estiveron “dando o callo” en cada unha das probas. O primeiro en facelo foi BRYAN FILGUEIRAS na categoría infantil masculina, (2.585 metros), que remataba no 5º posto cun tempo de 9.32. Logo o faría JULIA PORTELA en infantil feminina, (2.000 metros), finalizando 10ª con 8.57.

O primeiro podio, para MARTÍN VÁZQUEZ, na proba alevín masculina, (1.585 metros) cun magnífico 3º posto e 6.02 de tempo. En alevín feminina (1.585 metros), INÉS PORTELA, quedouse as portas do bronce, sendo 4ª con 6.36, mentres ALDARA RODRÍGUEZ era 22ª con 7.56

Na categoría benxamín feminina, (1.000 metros), chegaba outra medalla, LUCÍA PORTELA, alzábase co 2º posto tras un apretado “sprint” final, con 4.08. MARÍA ROSADA era 12º con 4.42, e PAULA GONZÁLEZ 19ª con 4.59.

En canto os pais tamén participaron; neste caso representados por YOLANDA GONZÁLEZ, 23ª e SERAFÍN RODRÍGUEZ, 35º.

Pero o máis importante foi que todos participaron facendo deporte nunha bonita mañá de domingo e nun lugar emblemático coma é o parque de Castrelos.

En definitiva seguimos crecendo, ¡¡¡ Felicidades para tod@s!!!! e a continuar adestrando.

Resultados

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: