XXVII Maratón de Sevilla – Campionato de España

23 02 2011

O domingo 13 deste mes de febreiro tivo lugar en Sevilla o Campionato de España de Maratón. 42 kms. 195 metros, so apto para valentes.
 


O  noso club tamén estivo presente na figura de RUBÉN CASTRO, que rematou no posto 687 cun tempo realmente bo de 3:08:18.

Rubén realizou unha carreira de menos a máis xa que correu máis rapido nos 21 ultimos kilómetros que nos 21 primeiros.

A proba estivo en todo momento dominada polos africanos, que obviamente non entraban na disputa do Campionato de España. O primeiro en cruzar a liña de meta foi o etíope Abera Wedajo, con 2:09:53 o que supuxo un novo record do circuito hispalenese. Acompañaronlle no podio os seus compatriotas, Tafa Mergesa 2:10:05 e Soboka Tulu 2:11:44. O primeiro español e por tanto novo Campión Nacional, sería o extremeño Pablo Villalobos, que ademáis faría 4º na xeral con 2:12:21.

No apartado femenino repetiuse a historia con tres africanas nas tres primeiras plazas: Eshetu Habtemikael proclamouse vencedora con 2:33:26, Godana Gebissa 2ª con 2:33:30  Toroitich Jepkemboi 2:35:11. A nova Campiona de España, Tamara Sanfabio fixo 2:37:24.

A Maratón contou cunha participación espectacular;  un total de 3899 atletas lograron cruzar a liña de meta situada no Campo Olímpico da Cartuxa.

Resultados do Maratón de Sevilla.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

3 03 2011
Fran Peixoto

El tiempo creo q tiene un poco de photoshop, marcaba las 5 horas jaja

2 03 2011
Rubén Castro Domínguez

Que bueno soy

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: