Boa mañá a que tivemos este domingo no Concello de Tui para celebrar a Carreira de San Telmo 2011, e máis de 550 deportistas de tódalas idades que formaron parte da competición que se convertíu nunha festa.
-

Na proba absoluta triunfo para o luso Luis Sá, do Clube Nataçao e Cultura de Paredes de Coura, que cun tempo de 22:28:13 se impoñía con claridade por diante de Manuel Prieto, do Club At. Pereira, 22:41:52 e Juan C. Vidal, Club At. Porriño, 22:49:91.
Mentres en féminas, a victoria para Guadalupe Lodeiro, da Gimnástica de Pontevedra, 27:28:88, sendo segunda a incombustible Julia Vaquero, 28:27:54 e 3ª Raxa Rizki, do Club At. Porriño, 28:45:84.
O primeiro tudense sería Felipe Bugarín, no posto 11º con 24:05:32.
En canto os nosos atletas, a participación foi menor que en outras carreiras polo feito de levar a organización da mesma. O máis destacado “Sito” González, 15º con 24:47:76; Fausto Blanco finalizaría 22º e Miguel Pons 32º.
Noutras categorías si que houbo máis representación do Club Atletismo Tui – Thermalia, destacando o 2º posto de Pilar Vázquez en Prebenxamín, o primeiro e segundo posto, respectivamente de Lucía Portela e Silvia Leiras en Benxamín, a 2ª praza de Inés Portela e triunfo de Martín Vázquez en Alevín, e a 2ª posición de Bryan Filgueiras en Infantil.
Destacar a gran afluencia de público que se deu cita na liña de saida e chegada, con numerosa presencia dos pais que truxeron os “peques” da casa a participar. E todo rodeado polo gran ambente das Festas Patronais de San Telmo.
Dende Club Atletismo Tui – Thermalia, queremos agradecer a tódalas casas comerciais que dun xeito ou doutro colaboraron na proba, así coma as entidades e persoas que nos axudaron a levala a cabo. ¡¡¡Sen vos nada disto sería posible!!! Agardamos que vos gustase, e prometemos seguir traballando para mellorar. ¡¡¡Gracias a TOD@S, vémonos noutra competición!!!


Que pena non poder participar na carreira popular do meu pobo, espero o ano que ven poder estar con todos vos!!
Unha aperta.
Atte: Leticia Fernández Barbosa
Esperamos verte o próximo ano, e invitámosche a quen nos acompañes cando poidas nas instalacións do club atletismo tui.
Noraboa polos teus éxitos, e sorte nas vindeiras probas